Sociedade Xestora De Intereses Da Universidade De Santiago De Compostela. S.L.U. (en liquidación)

Unixest S.L.U.

A Sociedade Xestora de Intereses da Universidade de Santiago de Compostela S.L.U., en adiante Unixest, é a sociedade mercantil creada por acordo da Xunta de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (USC) o 15 de outubro de 1998 para a xestión dos seus intereses e a rendibilización do seu patrimonio, tanto tanxible como intanxible.

O obxecto social inclúe as seguintes funcións:
  • ♦ A posesión e administración das participacións en compañías mercantís constituídas pola USC e que coadxuven cos fins que lle competen.
  • ♦ A prestación, por conta da Universidade de Santiago de Compostela de servicios de carácter cultural, organizativo e de xestión.
  • ♦ A prestación ás sociedades mercantís nas que participe, ou a terceiros, de servicios e de asesoramento en xeral.
  • ♦ A produción o comercialización de produtos que poidan ser de interese para a Universidade.

De entre estas funcións quedan excluídas explicitamente todas aquelas que se refiren á prestación de servizos e actividades que a USC teña encomendados por lei ou polos seus Estatutos.
Para o cumprimento deste obxectivos Unixest estrutúrase en distintas Áreas de negocio.