Aprender a Emprender

É a nosa misión. Así o entendeu a USC ó promover no ano 1998 unha iniciativa como a Sociedade Xestora de Intereses da Universidade de Santiago SL. unixest aspira se-lo instrumento do que se dota a USC para actuar no mercado. Deste xeito estimouno o seu Equipo de Goberno cando aprobou as bases da súa Planificación Estratéxica; os escenarios en definitiva sobre os que traballar no periodo 1998-2010.

Para unha universidade que ten máis de cinco séculos de historia, apostar polo coñecemento ó servicio da sociedade non é xa suficiente. Neste limiar de milenio, unha universidade moderna e emprendedora, debe apostar tamén polo coñecemento asumindo riscos, os mesmos que calquera outro proxecto empresarial. Xogando coas regras do mercado, neste caso do mercado do coñecemento.

A empresa do coñecemento

“Chamemos empresa á realización de novas combinacións de medios de producción “ Schumpeter (1912).

no senso schumpeteriano de empresa emprendedora, unixest é unha empresa do coñecemento que conta, ademáis, cun currículum cinco veces centenario. A comunidade docente e investigadora da USC é o seu mellor activo. Poñer no mercado os bens e servicios que a comunidade científica sexa capaz de producir, o seu papel. A capacidade de innovación é, polo tanto, o límite do proxecto unixest . Cunha limitación, estar sometida ó rigor das regras do mercado.