Universidade Viva

 

Presentación
A través de Universidade Viva a Universidade de Santiago de Compostela quere unirse ás políticas de diversificación cultural da cidade mediante unha das súas accións máis representativas, a posta en valor do patrimonio.

Universidade Viva é un programa de visitas guiadas que mostran o máis representativo do patrimonio histórico universitario. A través dunha rota de hora e media de duración, os visitantes poden apreciar desde os salóns máis obres e significativos da historia da institución, pasando polas bibliotecas máis emblemáticas –Biblioteca América ou o Salón de Lecturas da Facultade de Xeografía e Hstoria -, percorrendo espacios de enorme carga simbólica coma son o caustro e interiores dos Pazos de Fonseca ou o Paraninfo da Universidade para terminar cunha subida á terraza da Facultade de Xeografía e Historia desde onde se pode contemplar unha das vistas máis espectaculares da cidade de Santiago. As visitas teñen ademais o valor engadido de ser dirixidas por investigadores de terceiro ciclo dos departamentos de Historia da Arte e Xeografía, dispostos a amosa-los tesouros tanto artísticos coma históricos que a centenaria institución garda e que sempre tiveron un papel fundamental na historia, a arte e o desenvolvemento socio-económico da cidade.

Dar un paseo pola historia da universidade, que é en fin a historia da cidade, e achegarse ó que desde hai séculos está baixo chave, son os alicientes principais desta visita.

 

Percorrido
  • Praza de Fonseca
  • Colexio de Santiago Alfeo ou Fonseca (Fachada, Claustro e Biblioteca América)
  • Colexio de San Xerome (Fachada)
  • Praza de Mazarelos
  • Igresa da Universidad (Fachada)
  • Facultade de Xeografía e Historia (Paraninfo, Salón de lectura y Terraza)
  • Casa da balconada (Fachada)

 

Punto de encontro

Claustro de Fonseca

Duración da visita

1 hora 30 minutos

Prezo

7€ (prezos especiais para a comunidade universitaria, grupos, asociacións...)

Horarios das Visitas

12:00h; Duración: 1:30 horas (Luns a Sábado)
Pazo de Fonseca e Facultade Xeografía e Historia

16:30, 17:00, 17:30 e 18:00; Duración: 20 min (Luns a Venres)
Balcóns do Obradoiro
Pazo de Fonseca e Pazo de San Xerome

Para máis información e reservas

Oficina de Congresos - Casa de Europa
CIEDUS
Finca Vista Alegre - Rua Salvadas s/n
15705 Santiago de Compostela
A Coruña - España

Enderezo electrónico

xestioneventos@usc.es

Teléfono

Tel.: +34 981 554 696
Fax: +34 981 554 693

Venta e recollida de entradas

Unitenda
Edificio fonseca s/n
Plaza de Fonseca
15782 Santiago de Compostela
A Coruña - España

Enderezo electrónico

unitenda@usc.es
unitenda@unitenda.es