A Sociedade Xestora De Intereses Da Universidade De Santiago De Compostela. S.L

(Unixest S.L.)

É unha iniciativa innovadora que foi creada por acordo da Xunta de Goberno da Universidade o 15 de Outubro de 1998 como instrumento ó servicio da USC para desenvolver e facilitarlas súas actuacións e iniciativas nos diferentes mercados que poidan ter interese ós fins da Universidade.

A tenencia e administración das participacións en compañías mercantís constituídas pola Universidade de Santiago e que coadxuven ós fins que lle competen.

A prestación, por conta da Universidade de Santiago de servicios de carácter cultural, organizativo e de xestión.

A prestación ás sociedades mercantís nas que participe ou a terceiros de servicios e de asesoramento en xeral.

A realización de actividades de producción ou comercialización de productos que poidan ser de interese para a Universidade.

Quedan excluídos en todo caso, aqueles servicios e actividades que a USC teña encomendados por lei ou polos seus Estatutos.