Oficina de Congresos

Na Oficina de Congresos ocupámonos de asesorar, xestionar e coordinar todo tipo de reunións de traballo desenroladas no seo da Universidade de Santiago de Compostela.

Isto abrangue tanto aos membros da comunidade universitaria que organizan unha actividade, coma aos solicitantes externos á propia institución que desexan celebrar o seu evento nunha sede da USC.

Somos un equipo de profesionais con ampla experiencia no sector de servizos, gran coñecemento da comunidade universitaria, dos recursos da propia USC como sede de reunións de traballo, e da cidade de Santiago de Compostela como destino turístico e cultural.

 

  • ♦ Prestar servizos de organización para todo tipo de reunións de traballo, congresos, seminarios, etc, especializado na comunidade universitaria, nas suas necesidades, orzamento e disponibilidade, para que os nosos usuarios se poidan adicar ao contido científico das reunións.
  • ♦ Revalorizar e aproveita-lo patrimonio e recursos propios da Universidade.

 

Dende o asesoramento básico ata a organización integral de eventos, ou prestando soamente apoio para necesidades puntuais, axudamos a programar calquer tipo de evento, traballando tanto na planeación, loxística e organización como na realización e coordinación do mesmo, logrando así que o evento sexa un éxito rotundo.

Contamos ademais cunha gran variedade de colaboradores e proveedores para satisfacer tódalas necesidades e esixencias, adaptándonos sempre os gustos e os orzamentos de cada solicitante.

  • ♦ Asesoría para a organización e identificación das necesidades.
  • ♦ Localizacion e xestión de espazos para reunións e congresos na USC.
  • ♦ Secretaría Técnica (Recepción de inscripcións, recollida de cuotas, rexistro e loxística no evento, contacto cos ponentes, etc).
  • ♦ Secretaría Científica (recepción de traballos).
  • ♦ Elaboración de candidaturas.
  • ♦ Elaboración de orzamentos.
  • ♦ Material persoalizado para congresos (maletíns, carpetas, agasallos).
  • ♦ Visitas guiadas ao patrimonio histórico-artístico da USC

Outros servizos complementarios:

  • ♦ Deseño, edición, e impresión, libros de abstracts, páxinas web.
  • ♦ Servizos de restauración e catering (xantar de traballo, coffee-break, cóctel de inauguración…).
  • ♦ Aloxamento para ponentes.
  • ♦ Tradución e interpretación, azafatas.
  • ♦ Desprazamentos: traslados e viaxes de ponentes; autobuses, alugueiro de vehículos.
  • ♦ Reportaxe fotográfico, decoración floral.
  • ♦ Visitas turísticas ou culturais: visitas guiadas a cidade, excursións, etc.

 

Persoal

Olga Gutiérrez Méndez
Susana Castro Ferro

Enderezo electrónico

xestioneventos@usc.es

Enderezo

Oficina de Congresos da USC
CIEDUS
Finca Vista Alegre - Rua Salvadas s/n
15704 Santiago de Compostela
A Coruña - España

Teléfono

Tel.: +34 881 816 328